Con motivo dunha actuación na rede de abastecemento municipal, infórmase á veciñanza que o vindeiro mércores, 18 de febreiro, efectuarase un corte xeral no subministro de auga potable en:
- Casco urbano de Ares,
- Pedrós,
- Besoxo
A partir das 23:00 h. ata a finalización das obras.
Unha vez restablecido o servizo, poderían producirse incidencias puntuais, tales como alteracións na cor ou turbidez da auga. No caso de que isto ocorra, recoméndase deixar correr a auga durante uns minutos.
En caso de indicencias, poden poñerse en contacto cos teléfonos habituais do Servizo Municipal de Augas: 981 33 87 15 (Centralita) e 617 50 60 35 (Avarías).
Desculen as molestias que lle poidan ocasionar, co agradecemento á colaboración da veciñanza.


