Concellaría de Benestar e Igualdade
VICTORIA MONTENEGRO PAZ
Contacto: victoria.montenegro@concellodeares.com
A Concellería de Benestar e Igualdade desenvolve e colabora en programas e proxectos que promovan a inclusión, a non discriminación e a participación cidadá. Xestiona toda actividade relacionada coa integración social dos veciños e veciñas na comunidade na que se inscriben, coordinando axudas que favorezan a participación e benestar xerais. De igual maneira, tamén intervén directamente nas actividades relacionadas cos menores, a protección e asistencia á muller, a terceira idade ou a dependencia.