Concellaría de Recursos Humanos, Plans, Emprego e Educación

LUIS CENDÁN FERNÁNDEZ

Contacto: luis.cendan@concellodeares.com

A Concellaría de Recursos Humanos e Comisións Informativas de Plans focalízase na realización do seguimento, adaptación e desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e outros instrumentos de ordenación e xestión do persoal municipal.

A área de Emprego encárgase da contratación e xestión do persoal de carácter municipal, coas súas consecuentes convocatorias públicas, así como da planificación e oferta de obradoiros de formación laboral

A área de Educación establece políticas de colaboración cos centros de ensino de Ares, fomentando a participación municipal en actividades escolares e extraescolares. Tamén xestiona todo proceso relacionado coa organización, promoción e divulgación de proxectos de carácter educativo.