Conclúe o XVI Open Dominó de Ares cunha das súas participacións máis numerosas

Comparte esta nota de prensa

Preto de 140 xogadores achegáronse o sábado, 16 de novembro, ás instalacións do Casino Aresano para sumarse ao XVI Open de Dominó Concello de Ares, un certame organizado pola Asociación Recreativa Xabre e a Federación Galega de Dominó, coa colaboración do Concello na súa xestión loxística e coordinación.

Un ano máis, xogadores das catro provincias de Galicia pasaron pola nosa localidade en horario de mañá e de tarde, cun breve parón para xantar, para competir  en parellas ou equipos polos galardóns en metálico e os trofeos conmemorativos da xornada.

 

RELACIÓN DE GAÑADORES

PARELLAS

1º – Santiago T. Ouro e Plácido Castro (Sada).

2º – Luis Ferereira e Manuel Carballal, (Vigo).

3º – Luis Cendán e Arturo Otero (Ares)

 

EQUIPOS

1º – Xabre A (Ares).

2º – Olivo (Vigo).

3º – Chantada.

 

Pódeche interesar