Conta atrás para o Ares Indiano!

Comparte esta nota de prensa

As follas de palmeira espállanse pola vila, chegan os ritmos e as melodías alén mar, prepáranse os postos e tamén ondea a bandeira de Cuba diante do consistorio. Quedan apenas horas para que principie a oitava edición do noso Ares Indiano: unha viaxe ao pasado, mais tamén un xeito de coidar da nosa memoria colectiva.

Bota unha ollada á programación que se promoverá na tarde de hoxe para arrancar co evento lúdico-cultural:

18:00 H. –

Apertura do Mercado Indiano (paseo marítimo de Ares) e do Espazo Deputación (parque Rosalía de Castro).

Pasarrúas da Banda de Gaitas Ría de Ares polo núcleo urbano da vila.

Showcooking I ‘A paisaxe que sabe’ no Espazo Deputación (Parque Rosalía)

 

18:00 a 21:00 H. –

Un mar de xogos: xogos infantís en familia. Espazo Deputación (Parque Rosalía)

 

19:30 H. – 

Pasarrúas Os Cantaberneiros por Ares.

 

20:00 H. –

Showcooking II ‘A paisaxe que sabe’ no Espazo Deputación (Parque Rosalía)

 

21:30 H. –

Obra teatral: ‘Zafra’, interpretada por A Cova do Trasno (Praza da Constitución)

Lembra que podes consultar o programa ao completo para esta fin de semana na seguinte ligazón:  https://concellodeares.gal/o-concello-presenta-o-programa-do-viii-ares-indiano-gastronomia-divulgacion-historica-musica-e-moita-mais-cultura-para-conmemorar-o-legado-dos-migrantes-cara-america/

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Conta atrás para o Ares Indiano!

As follas de palmeira espállanse pola vila, chegan os ritmos e as melodías alén mar, prepáranse os postos e tamén ondea a bandeira de Cuba