A Concellaría de Cultura anima a artistas, deseñadores e creadores residentes en Galicia a participar neste certame, que escollerá a imaxe oficial da próxima edición do Ares Indiano, a celebrar os días 📅 21, 22 e 23 de agosto.

A proposta debe reflectir o espírito do evento, como homenaxe á cultura e á instrución indianas, cunha temática e técnica libres. Cada participante poderá presentar ata 2 deseños, optando a un premio único de 600 €. O prazo para enviar as obras permanece aberto ata o 15 de maio de 2026 (inclusive).

Lembra:
✔️ Sen uso de intelixencia artificial.
✔️ Formato vertical 50×70 cm cun espazo libre para a posterior inserción de logotipos institucionais e privados
✔️ Inclusión do texto “IX ARES INDIANO | 21, 22 e 23 de agosto de 2026”

Consulta as bases completas en PDF nesta ligazon