Acta Comisión Seleccionadora – Nº 1
Data: 28 de maio de 2025
Hora: 11:30
Lugar: Concello de Ares
Tribunal
Presidente: D. Agustín Suárez Feal – Persoal laboral do Concello de Ares
Secretaria: Dª. Lucía Regueira Martínez – Persoal laboral do Concello de Ares
Vogais:
Dª. Carmén González Tenreiro – Funcionaria do Concello de Ares
D. José Luis Castro Feijoo – Funcionario do Concello de Ares
D. Javier Sánchez Romero – Persoal laboral do Concello de Ares
Obxecto da sesión
Contratación de 3 peóns forestais para a obra/servizo “Coidados Forestais”, subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Desenvolvemento
Constitúese formalmente o tribunal, dando comezo ás actuacións seguintes:
Primeiro
Recepción das solicitudes dos/das candidatos/as propostos/as polo Servizo Público de Emprego de Galicia, en relación coa oferta nº 12-2025-4236 (engadida a esta acta).
Segundo
Aprobación dos criterios para a selección dos/das candidatos/as:
-
Carné de conducir (nivel e experiencia; criterio non excluínte).
-
Situación sociofamiliar, tendo en conta as recollidas no DOG nº 50 do 13 de marzo de 2025.
-
Experiencia laboral/profesional relacionada con tarefas propias do posto de peón/peona forestal.
Valoraranse preferentemente os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral:
-
Mulleres, especialmente aquelas que acrediten ser vítimas de violencia de xénero.
-
Menores de 30 anos, especialmente persoas que buscan o seu primeiro emprego ou sen cualificación profesional.
-
Persoas desempregadas de longa duración.
-
Persoas con discapacidade.
-
Persoas desempregadas que esgotaran todas as prestacións e subsidios por desemprego aos que tiñan dereito.
-
Persoas maiores de 45 anos desempregadas.
-
Persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente beneficiarios da RISGA (Renda de Inclusión Social de Galicia).
Terceiro
Acórdase realizar as entrevistas persoais o día 28 de maio ás 12:30 h, previa citación por parte do persoal municipal debido á urxencia do proceso.
Hora de peche da sesión: 12:10
Concello de Ares – Avda. Saavedra Meneses nº 12, 15624. Tel. 981 468 102 – Fax 981 448 299