Anuncio convocatoria para a concesión de postos no edificio do Mercado Municipal de Ares (postos núm. 3, 6, 7 e 8)
ANUNCIO CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE POSTOS NO EDIFICIO DO MERCADO MUNICIPAL DE ARES (POSTOS Nº 3, 6, 7 e 8)
Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 11/06/2024, pola que se acordou efectuar convocatoria para a concesión de postos municipais no edificio do mercado municipal de Ares (POSTOS Nº3, 6, 7 e 8), faise pública dita aprobación e procédese á súa convocatoria, con arranxo ao seguinte prego.
En Ares a 17 de xuño do 2024 O Alcalde,
Asdo: Julio Ignacio Iglesias Redondo
PREGO DE condicions para a CONCESIÓN DE POSTOS MUNICIPAIS NO EDIFICIO DO MERCADO MUNICIPAL DE ARES (postos
nº 3 nº 6, nº 7 e nº 8 ) Obxecto.
É obxecto das presentes bases regula-lo procedemento e o contido da concesión demanial para o uso privativo do posto 3, do posto 6, do posto 7 e do posto 8, vacantes no edificio de mercado municipal de Ares de 7,5 m2 aproximada- mente, cada de un deles.
Estas bases, cos documentos que preceptivamente o integran, formará parte do contrato que no seu día se outorgue.
- Procedemento : Libre. Aberto
- Forma : Subasta
- Prazo : 10 anos ( 7 anos máis 3 de prorroga)
- Canon e Prezo mensual da concesión.
Un mesmo solicitante non poderá resultar adxudicatario de máis dun posto.
As persoas solicitantes deberán indicar na solicitude a actividade que se pretende desenvolver no posto no caso de resultaren adxudicatarias, sempre relacionado coa actividade dos mercados municipais.