O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, para reparar unha fuga na rede xeral de abastecemento de auga potable, quedará cortada a subministración en:

📍 Estrada Ares – Redes dende o alto da Pena ata o cruce da praia de Seselle pola marxe dereita;
Seselle e praia de Seselle;
O Raso;
Urbanización Mariña do Pombal e contorna;
e Barracido – Carballás – Rodelas.

📅 O luns, 8 de setembro.
🕑 En horario de 9:00 h. ata fin da reparación.
👉 Restablecerase o servizo tan pronto como rematen as reparacións. Desculpen as molestias que lle poidan ocasionar.