O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, por mor dunha actuación na rede de abastecemento municipal, quedará cortada a subministración de auga en:
📍 Alto de Simou,
e Avenida de Mugardos dende as instalacións de Ramil até o Alto de Simou.
📅 Realizarase o vindeiro martes, 3 de febreiro.
🕑 Desde as 09:00 h. ata fin das obras.
👉 Restablecerase o servizo tan pronto como sexa posible.
Desculpen as molestias que lle poidan ocasionar.