JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE
FAI SABER:
Que o próximo día 8 de maio, mércores, nun horario aproximado de 8:30 h a 21:30 h., cortarase a circulación de tráfico rodado na contorna da Praza do Pedregal de Redes por mor da gravación dunha longametraxe de Zeta Cinema e Frida Films.
Segundo informa o equipo de produción, permanecerá habilitado en todo momento un paso de emerxencia para garantir condicións óptimas de seguridade durante a gravación.
Agradecemos a súa comprensión.
Ares, 7 de maio de 2024
O alcalde,
Asdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo