A corporación municipal do Concello de Ares aprobou na súa última sesión plenaria a adhesión á declaración da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) do 8M, unha data conmemorada mundialmente para esixir a igualdade real de dereitos e unha xustiza que os faga valer e desfrutar.
O manifesto da FEGAMP pon en valor o traballo de todas aquelas mulleres que impulsan cambios dende a xestión municipal, liderando a planificación de servizos, o deseño de vilas e cidades, a xestión económica, programando servizos públicos á comunidade… Un traballo esencial e rigoroso que as sitúa como figuras transformadoras.
Con todo, tamén se defende o feminismo como un movemento indispensable para reforzar a participación activa das mulleres en todos os eidos da sociedade: na economía, na educación, na investigación, na politica, na tecnoloxía… Sen discriminacións, en pé de igualdade.
Porque cando unha muller avanza, ningún home retrocede. Cando unha muller avanza, todas dan un paso ao fronte.
MANIFESTO EN PDF: Declaración institucional polo 8M





