Día do Cómic 2026 en Ares

Comparte esta nota de prensa

Snoopy, Spiderman, algún Pikachu… os máis pequenos e pequenas da vila celebraron nestes últimos días o Día do Cómic 2026 grazas aos obradoiros creativos que se organizaron na Biblioteca Municipal aresá.

As crianzas animáronse a personalizar coas súas personaxes de ficción favoritas unhas bolsiñas de tea que puideron levar á casa, encargándose de darlles vida con cores e creatividade!

Unha data, a do Día do Cómic, destinada a recoñecer o seu valor cultural e a súa importancia na sociedade actual, sabendo que son unha compañía dende a infancia até a idade adulta.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Tarde de contos na Biblioteca Municipal

O pasado xoves, a Biblioteca Municipal de Ares acolleu o contacontos «Un monstro moi larpeiro», da man de Marisa Irimia, dentro da Rede Cultural da