Os profesionais sanitarios do centro de saúde da nosa localidade organizarán este mércores, 29 de marzo, ás 13:00 horas unha sesión formativa centrada no deporte na diabetes.
“O pé diabético: diabetes e exercicio” é o título que recibe esta charla impartida por María del Rosario López, enfermeira en Ares, que permitirá aprender da man dos expertos máis próximos a nós! Se estás interesado/a, inscríbete no mesmo mostrador do centro de saúde.