Empezan as obras de revestimento de vestiarios no Complexo Deportivo de Pedrós

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Urbanismo anunciou o inicio dos traballos de revestimento exterior dos vestiarios no complexo deportivo de Pedrós.

Esta actuación, proxectada pola administración local, ten como obxectivo mellorar o aspecto estético do edificio, así como facilitar o seu mantemento, e reducir a posibilidade de vandalismo, ademais de acadar unha notable mellora en termos de eficiencia enerxética.

Os traballos centraranse na mellora dos revestimentos e acabados, así como na optimización da eficiencia enerxética e a impermeabilización do edificio. En canto ás fachadas, executarase unha folla exterior utilizando bloques de termoarcilla cunha cámara de aire, que incluirá un illamento térmico para mellorar a eficiencia enerxética. Ademais, aplicarase un revestimento exterior continuo que mellorará significativamente a estética do edificio.

Así mesmo, realizarase a impermeabilización da cuberta actual de chapa de aceiro grecada mediante o uso de PVC, debido ao seu estado actual.

O custo desta intervención ascende a 30.160,68 € e será financiado a través dunha subvención tramitada polo Concello ante o Instituto de Estudos do Territorio. Esta subvención forma parte da liña de apoio do organismo autonómico destinada a corrixir impactos paisaxísticos.

Deste xeito, o financiamento dos traballos levarase a cabo de maneira conxunta entre ambos os organismos, cunha achega de 20.000 euros por parte da administración autonómica e 10.160,68 € por parte do Concello.

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, salientou a importancia destas obras para mellorar a imaxe do complexo deportivo de Pedrós e proporcionar instalacións máis atractivas e funcionais, tanto para os deportistas, como para a veciñanza en xeral.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,