Mañá, venres, 30 de maio, a partir das 19:00 h., a Concellaría de Comercio organizará o acto de entrega de premios do DegustAres 2025!
Despois do reconto das valoracións dos clientes participantes, desvelaranse no salón de actos da Alianza Aresana, con entrada libre ata completar aforo, os tres primeiros postos da ruta do pincho municipal, entregándolles os premios e trasladando os seus parabéns. Ademais, lembra que se sorteará no momento, entre o público asistente, un vale de 100 euros para investir nos negocios de Ares.
Non quedes sen sumarte e #ViveAres!