ENLACE FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/Y7BTFYSZGcWLwZLS8
INFORMACIÓN DE INSCRICIÓNS
As solicitudes de inscrición realizaranse na web municipal www.concellodeares.gal, no apartado das Escolas Deportivas e Culturais Municipais 2025-2026. Estes son os prazos que rexen o proceso de inscrición:
-
EMPADROAD@S: Do 8 ao 18 de setembro.
-
NON EMPADROAD@S: Do 20 de setembro en adiante ata completar grupos.
A dispoñibilidade de praza e o comezo das escolas notificarase individualmente por correo electrónico ás persoas interesadas.
MATRÍCULAS
Do 1 ao 15 de outubro, ambos inclusive, farase o pagamento da matrícula e da mensualidade destas escolas. Estes son os prezos de matrícula estipulados:
-
EMPADROAD@S: 10,13 €
-
NON EMPADROAD@S: 18,99 €
XADREZ (+ 4 ANOS)
Onde: Na Alianza Aresana.
Cando: Xoves de 16:00 a 17:00 h.
Prezo: 9,40 € (menores) // 14,40 € (adultos)
TENIS (+ 6 ANOS)
Onde: No pavillón polideportivo municipal.
Cando: Martes de 18:30 a 20:30 horas.
Prezo: 12,55 €
MINIBALONCESTO (6 A 16 ANOS)
Onde: No pavillón polideportivo municipal.
Cando: Martes e xoves de 16:30 a 17:30 horas.
Prezo: 12,55 €
XOGOS E PREDEPORTE CERVÁS (DE 5 A 9 ANOS)
Onde: Nas instalacións da Gandeira de Cervás.
Cando: Mércores de 16:30 a 18:00 horas.
Prezo: 12,55 €
ESCOLA C. DE TENIS DE MESA C. DE NARÓN
Onde: No pavillón polideportivo municipal.
Cando: Mércores e venres:
-
G1: de 16:30 a 17:30 h.
-
G2: de 17:30 a 18:30 h.
-
G3: de 18:30 a 19:30 h. (+16 anos e adultos)
Prezo: 12,55 € (menores) // 20,67 € (adultos)
PATINAXE (+5 ANOS)
Onde: Pista cuberta do colexio anexa ao pavillón.
Cando: Mércores e venres:
-
G1: de 16:30 a 17:30 h.
-
G2: de 17:30 a 18:30 h.
Prezo: 12,55 €
ESCOLA C. DE VOLEIBOL CV NARÓN VOLEA (+ 9 ANOS)
Onde: No pavillón polideportivo municipal.
Cando: Sábados de 11:00 a 13:00 horas.
Prezo: 12,55 €
ESCOLA C. DE VELA LIXEIRA C.N. DE ARES
Onde: Nas instalacións do C. Náutico Ría de Ares.
Cando: Sábados e luns de 10:00 a 13:30 (adultos) e de 15:30 a 18:30 (menores).
Prezo: 15,69 € (menores) // 23,54 € (adultos)
Sen matrícula, é obrigatorio federarse e saber nadar.
DEBUXO E PINTURA INFANTIL (+5 ANOS)
Onde: Na aula de Cultura na rúa Zamborela.
Cando: Martes de 16:45 a 18:15 horas.
Prezo: 9,40 €
GAITA E PERCUSIÓN CO GRUPO DE GAITAS ARESÁN
Onde: Nas Escolas do Lago.
Cando: Martes, xoves e domingos de 18:00 a 20:00 horas.
Prezo: De balde.
GAITA E PERCUSIÓN COA BANDA DE GAITAS RÍA DE ARES
Onde: Nas Escolas do Lago.
Cando: Luns, mércores e sábado de 19:00 a 21:00 horas.
Prezo: De balde.
ESCOLA C. DE DANZA MODERNA INFANTIL COMP-ARTE
Onde: Na Sala Multiusos do pavillón municipal.
Cando:
-
Nados entre o 2018 e 2022 → Xoves 16:30 a 17:30 h.
-
Nados entre o 2013 e 2017 → Xoves 17:30 a 18:30 h.
Prezo: 9,40 €
OUTRAS ESCOLAS DE INTERESE EN ARES
-
Kaiak e Padelsurf. No Club Marítimo de Redes. +info no 620851861.
-
Fútbol 8 Numancia de Ares ADR. No pavillón polideportivo e no campo de fútbol municipal de Prados Vellos. +info no 981444821 ou no 619990250 e www.numanciadeares.es.
-
Club de Remo de Ares. Nas instalacións do propio club de remo. +info no 699453195.
-
Atletismo. Na escola de atletismo Paula Mayobre. +info no 659253808, 660302889 ou escolaepaulamayobre@gmail.com.
-
Loita Ares Top Gym. No Casino Aresano, jiu jitsu e kickboxing. +info no 683294422.
-
Escola de Música Xábrega. Nas escolas do Lago. +info no 679862287 ou a.c.xabrega@gmail.com.
-
Escola BTT Pulpeiros. Na pista cuberta do CPI As Mirandas. (O alumno ten que ter dominio básico da bicicleta) +info no 621124192 ou escola@pulpeirosmugardos.com
NORMAS DE FUNCIONAMENTO
-
Todas as cuestións relacionadas co funcionamento das escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnic@s Municipais da área correspondente.
-
Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia. Os/as usuarios/as das escolas disporán dun código QR no seu móbil que permitirá o acceso á instalación e ás actividades na mesma, tras amosalo na entrada do pavillón.
-
O abono das mensualidades efectuarase por domiciliación na conta que se indicará unha vez sexa confirmada a praza e a actividade.
-
As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na escola. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nunha escola/actividade haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso, para evitar problemas coas xestións dos pagamentos.
-
Pola mesma razón, as devolucións dos recibos supoñen un custo que será aboado polo/a usuario/a que o xenerara.
-
Aquelas persoas usuarias/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola/actividade do curso anterior deberán efectuar o seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito á inscrición na presente edición.
-
As escolas deportivas e culturais municipais interromperán o seu funcionamento nas datas festivas locais ou nacionais, así como nos períodos de vacacións escolares. Durarán de outubro de 2025 a maio de 2026.
-
É responsabilidade de cada usuaria/o dispor da aptitude física e destrezas necesarias para participar nas actividades/escolas convocadas, polo que o Concello de Ares non se fará cargo de ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.
-
O Concello resérvase o dereito de anular unha actividade/escola por non ter un número suficiente de participantes (estimase en 10 o número mínimo de inscritas/os) para que dea comezo e/ou continúe unha escola/actividade) e de facer todas as modificacións que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.
-
Para inscricións, realizaranse no apartado dedicado ás escolas municipais deportivas e culturais en www.concellodeares.gal, sinalando por orde de prioridade as actividades de interese. A primeira opción elixida no formulario será a que se tomará en conta para a reserva de praza, e só no caso de que haxa prazas libres se outorgarán as seguintes opcións marcadas polo mesmo solicitante.
-
Poderase ampliar información a través do correo electrónico deportes@concellodeares.com ou cultura@concellodeares.com.
DESCONTOS DE COTAS
-
3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar: 50 % na matrícula + 50 % na cota da escola/actividade de menor importe.
-
Familia numerosa: 50 % na matrícula + 50 % en todas as escolas/actividades.
-
Familias carentes de recursos económicos (solicitude previa, comprobación e informe feito polos Servizos Sociais municipais): De balde.
2025 – 2026 ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS
📍 Concello de Ares
🏛️ Deputación da Coruña