ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS 2022-2023

Comparte este evento

– XADREZ (+4 ANOS)
ONDE: Na Casa da Xuventude.
CANDO: Mércores de 17:30 a 18:30 horas.
PREZO: 8,88 € (menores)// 13,06 euros (adultos)

– TENIS (+6 ANOS)
ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
CANDO: Martes e xoves de 18:30 a 20:00 horas.
PREZO: 11,85 €

– MINIBALONCESTO (6 A 16 ANOS)
ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
CANDO: Martes e xoves de 16:30 a 17:30 horas.
PREZO: 11,85 €

– XOGOS E PREDEPORTE CERVÁS (DE 5 A 9 ANOS)
ONDE: Nas instalacións da Gandeira de Cervás.
CANDO: Mércores de 16:30 a 18:00 horas.
PREZO: 11,85 €

– ESCOLA C. DE XIMNASIA RÍTMICA C. ESQUÍO (+4 ANOS)
ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
CANDO: Mércores de 18:30 a 20:30 horas.
PREZO: 11,85 €

– ESCOLA C. DE TENIS DE MESA C. DE NARÓN
ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
CANDO: Xoves de 18:30 a 20:30 horas.
PREZO: 11,85 € (menores)// 19,52 € (adultos)

– ESCOLA C. DE VOLEIBOL CV NARÓN VOLEA (+9 ANOS)

ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
CANDO: Sábados de 11:00 a 13:00 horas.
PREZO: 11,85 €

– ESCOLA C. DE VELA LIXEIRA C.N. DE ARES*
ONDE: Nas instalacións do club naútico.
CANDO: Sábados e luns de 10:00 a 13:30 (adultos) e de 15:30 a 18:30 (menores).
PREZO: 14,82 € (menores)// 22,23 € (adultos)
** Sen matrícula, é obrigatorio federarse e saber nadar

– ESCOLA C. DE HOCKEI A PATÍNS TERRA HOCKEI ASOCIACIÓN
ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
CANDO: Mércores e venres de 16:30 a 18:30 horas.
PREZO: 14,82 €

– ESCOLA C. DE MÚSICA LAURA MORGADE (+4 ANOS)
ONDE: Na aula de Cultura na rúa Zamborela.
CANDO: Venres de 16:00 a 17:00 (9 anos en adiante) e de 17:00 a 18:00 (de 4 a 8 anos).
PREZO: 8,88 €

– DEBUXO E PINTURA INFANTIL (+5 ANOS)
ONDE: Na aula de Cultura na rúa Zamborela.
CANDO: Xoves de 16:45 a 18:15 horas.
PREZO: 8,88 €

– ESCOLA C. DE DANZA MODERNA INFANTIL COMP-ARTE
ONDE: Na Sala Multiusos do pavillón municipal.
CANDO: Nados entre o 2017 e 2019 -Luns 17:30 a 18:30 horas
Nados entre o 2012 e 2016 – Luns de 18:30 a 19:30 horas
Nados entre o 2005 e 2011 – Mércores de 17:30 a 18:30 e venres de 16:30 a 18:00 horas.
PREZO: 8,88 € // 14,82 €

– GAITA E PERCUSIÓN CO GRUPO DE GAITAS ARESÁN
ONDE: Nas escolas do Lago.
CANDO: Martes, xoves e domingos de 18:00 a 20:00 horas.
PREZO: De balde.

– GAITA E PERCUSIÓN COA BANDA DE GAITAS RÍA DE ARES
ONDE: Nas escolas do Lago.
CANDO: Luns, mércores e venres de 19:00 a 21:00 horas.
PREZO: De balde.

– PINTURA PARA ADULTOS
ONDE: Nas escolas do Lago.
CANDO: Luns de 17:00 a 19:00 horas.
PREZO: 19,52 €

OUTRAS ESCOLAS DE INTERESE EN ARES

KAIAK E PADELSURF. No Club Marítimo de Redes. +info no 620851861.

FÚTBOL 8 NUMANCIA DE ARES ADR. No pavillón polideportivo e no campo de fútbol municipal de Prados Vellos. +info no 981448121 ou no 619990250 e www.numanciadeares.es.

CLUB DE REMO DE ARES. Nas instalacións do propio club de remo. +info no 699453195.

ATLETISMO. Na escola de atletismo Paula Mayobre. +info no 659258308, 660302889 ou escuelapaulamayobre@gmail.com.

LOITA ARES TOP GYM. No Casino Aresano, jiu jitsu e kickboxing. +info no 683294422.

ESCOLA DE MÚSICA XÁBREGA.Nas escolas do Lago +info no 679862287 ou a.c.xabrega@gmail.com

INFORMACIÓN DE INSCRICIÓNS

As solicitudes de inscrición realizaranse na web municipal www.concellodeares.gal, no apartado das Escolas Deportivas e Culturais Municipais 2022-2023. Estes son os prazos que rexen o proceso de inscrición:

EMPADROAD@S: Do 12 de setembro en adiante ata completar grupos.
NON EMPADROAD@S: Do 21 de setembro en adiante ata completar grupos.

A disponibilidade de praza e o comezo das escolas notificarase individualmente por correo electrónico ás persoas interesadas.

MATRÍCULAS

Do 1 ao 15 de outubro, ambos inclusive, farase o pagamento da matrícula e da mensualidade destas escolas. Estes son os prezos de matrícula estipulados:

EMPADROAD@S: 9,57 €
NON EMPADROAD@S: 17,93 €

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

Todas as cuestións relacionadas co funcionamento das escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente.

Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista.

As/os usuarios/as das escolas disporán dun código QR no seu móbil que permitirá o acceso á instalación e ás actividades na mesma, tras amosalo na entrada do pavillón.

O abono das mensualidades efectuarase por domiciliación na conta que se indicará unha vez sexa confirmada a praza e a actividade.

As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na escola. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nunha escola/actividade haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso, para evitar problemas coa xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xenerara.

Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola/actividade do curso anterior, deberán efectuar o seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito a inscrición na presente edición.

As actividades deportivas e culturais municipais interrumpirán o seu funcionamento as datas festivas locais ou nacionais, así como nos períodos de vacacións escolares. Durarán dende outubro de 2022 a maio de 2023.

É responsabilidade de cada usuario/a a aptitude física necesaria para participar nas actividades/escolas convocadas, polo que o Concello de Ares non se fará cargo de ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.

O Concello resérvase o dereito de anular unha actividade/escola por non ter o número suficiente de participantes (estímase en 10 o número de mínimo de inscritos/as para que dea comezo e/ou continúe unha escola /actividade) e de facer todas as modificación que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.

Para máis información e inscricións, podes consultar o apartado dedicado ás actividades municipais deportivas en www.concellodeares.gal ou contactar a través do correo electrónico: deportes@concellodeares.com.

DESCONTOS DE COTAS

3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar: 50 % na matrícula + 50% na cuota da escola /actividade de menor importe.
Familia numerosa: 50 % na matrícula + 50 % en todas as escolas/actividades.
Familias carentes de recursos económicos (solicitude previa, comprobación e informe feito polos Servizos Sociais municipais): De balde.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/6nfZ3LKKrvzgjGFi7

INFORMACIÓN DAS ESCOLAS en pdf

Pódeche interesar...

Eventos

Campaña Neve 2025

LUGAR Valgrande-Pajares (Asturias)   ALOXAMENTO Albergues a pé de pista na Estación invernal de Valgrande-Pajares.   DURACIÓN De venres 24 de xaneiro a luns 27

Eventos

MercAres 2024-2025

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025 BASES DE PARTICIPACIÓN