Esta fin de semana toda a localidade ten unha cita ineludible coa tradición e a arte efémera!!

Comparte esta nota de prensa

As alfombras florais regresan a Ares, xa dende a tarde-noite deste sábado, que arrancará a súa confección, ata o domingo, coa procesión. Anímate a botar unha man e a vivir unha das celebracións con maior identidade do noso municipio!

Tamén lembramos que nas dúas xornadas, 18 e 19 de xuño, se organizará o Concurso de Decoración Floral do Concello. Engalana o balcón, a fiestra ou a porta da túa casa e negocio e envía unha fotografía, xunto coa ubicación e os datos persoais, ben por correo electrónico (cultura@concellodeares.com), ben polo WhatsApp ao 690 021 106. Sortearanse 6 vales de compra no comercio local por valor de 100 euros cada un!!

Pódeche interesar