Esta mañá, o Concello de Ares recibiu a visita de Juana Caridad Fernández, Presidenta da Agrupación de Sociedades representativa de Municipios e parroquias de Galicia en Cuba, acompañada por Xosé Isidro Cillero Prieto, Presidente da Asociación Cultural Amigos da liga Santaballesa.

Comparte esta nota de prensa

Na recepción estiveron presentes como representantes municipais, o alcalde Julio Iglesias, a concelleira de Cultura Alma Barrón e, por parte da Agrupación Instructiva de Caamouco, a integrante da directiva Cristina Cadena.

Esta visita enmárcase dentro do proxecto “Visitas por Galicia ás antigas sociedades galegas de instrución e recreo”, impulsado pola liga Santaballesa, que busca establecer contacto cos responsables das sociedades xurdidas na Habana e promover a relación entre as comunidades de ambas as beiras do Atlántico, incluíndo o uso de antigas escolas ou outros bens orixinarios de Cuba, intercambio de información, experiencias e perspectivas mutuas.

Durante o encontro, que contou coa participación da Agrupación Instructiva de Caamouco, como unha das principais sociedades de emigración,  os asistentes realizaron unha visita á Alianza Aresana, decana das escolas de instrución galegas, para coñecer un dos edificios de carácter indiano máis representativo do municipio.

Juana Caridad quixo agradecer o recibimento e declarou que “é un enorme pracer visitar hoxe esta localidade de Ares, lugar co que nos une tanta historia. Galicia e Cuba sempre estarán unidas e Ares moi presente na pegada das sociedades habaneiras”.

Ademais, no acto celebrado hoxe, o Presidente da Asociación Cultural Amigos da liga Santaballesa, Xosé Isidro Cillero, aproveitou a ocasión para convidar aos presentes ás XVI Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño” – Camiños de Santiago e Emigración – en homenaxe a Andrea López Chao, que se levarán a cabo en Mondoñedo e Santaballa (Vilalba) nos próximos días.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,