Por se estás buscando un bo plan para rematar o día, chega Isaura & Co co seu espectáculo Clave de Bolero.

A actuación ponse en relación co aniversario da Alianza Aresana de Instrucción; a agrupación de emigrantes aresáns fundada na Habana en 1904 cumpre o luns, 20 de marzo, 119 anos de historia que ben merecen ser lembrados e celebrados!