Achégate ata alí coa fotocopia do DNI e da Tarxeta de desemprego e poderás sumarte a algún dos 3 cursos que se deseñaron:
- Curso de Competencias básicas dixitais, que sirve para aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, á creación de contidos, ao uso das tecnoloxías para a comunicación e á resolución de problemas básicos.
- Curso de Iniciación en competencias dixitais para o emprendemento, adquirindo habilidades tecnolóxicas para facilitar e mellorar a empregabilidade, por unha banda, e o desenvolvemento de negocios novos ou preexistentes, pola outra. Sempre co desexo de que as mulleres concilien a súa vida familiar e profesional.
- Curso de Competencias dixitais avanzadas, unha formación destinada a entender a complexidade das tecnoloxías dixitais e aproveitar a súa riqueza no día a día.
As mulleres que se inscriban dentro do programa Muller Dixital recibirán unha tablet, que se poderán quedar ao rematar o curso formativo, e un certificado homologado emitido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Se tes interese, podes obter máis información no 881 820 345, contactar por WhatsApp no 621 180 897 ou escribir un correo electrónico a info@mullerdixital.gal.