Actividades polo Día das Letras Galegas 2024

As actividades polo Día das Letras Galegas comezan en Ares o xoves, 16 de maio, co espectáculo ‘Indóciles’, unha mestura de poesía, música e narración oral a cargo de Vero RiloNuria Vil Mónica de Nut, para homenaxear o legado e a voz poética de Luísa Villalta, unha das figuras con máis forza da literatura galega.

Continuará a programación cultural o sábado, 18 de maio, ás 12:00 horas, coa presentación da primeira novela en galego de Pablo J. RañalesOs afogados, gañadora do Premio Illa Nova de Narrativa 2023 da editorial Galaxia. Será en formato vermú  na rúa Solín, no paseo marítimo da localidade ou, se a climatoloxía non acompaña, no interior do Estuary Bar. Conversará coa concelleira de CulturaAlma Barrón, sobre as temáticas dunha novela que reflexiona sobre a relación coa natureza, os discursos de odio e a función da ciencia no mundo contemporáneo.

Date

Mai 16 - 18 2024
Expired!

Time

8:00 pm - 2:00 pm
Category