Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta en Ares do 15-19 de xullo
As xornadas desenvolveranse en horario matutino, de 9:45 h. ata as 13:45 h., cun equipo de monitores do club de Vigo encargado de guiar aos nenos e nenas na súa mellora técnica, mais tamén empregando metodoloxías de formación lúdico-educativas e fomentando o compañeirismo e a construción dun ambiente estimulante para todos.