Charla Academia AresXSaúde: Uso saudable e responsable da tecnoloxía na infancia e adolescencia

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá o vindeiro 8 de novembro ás 19:00 horas a ponencia do psicólogo Antonio Rial BoubetaUso saudable e responsable da tecnoloxía na infancia e adolescencia”.

Destínase a pais, nais, adolescentes e toda persoa que traballe con menores no seu día a día, dende profesorado a adestradores ou monitores de ocio e tempo libre.

Ademais, haberá tempo para dar algunhas pautas sobre as opcións que teñen os pais e nais para supervisar o uso das redes sociais na adolescencia, reflexionar sobre a tiranía do selfie e facer un emprego máis saudable das pantallas.

Date

Nov 08 2024
Expired!

Time

7:00 pm - 8:00 pm