Charla ‘Alimentación Saudable: Come Con Xeito’
O salón de actos da Alianza Aresana acolle este xoves, 6 de xuño ás 20:00 horas unha ponencia para que a veciñanza poida aprender como facer un prato equilibrado en termos de nutrintes e reparto de enerxía, recomendacións alimentarias básicas e outras cuestións vencelladas cunha dieta saudable.
A iniciativa, inscrita dentro da Academia AresXSalud, estará impartida por Alén Porto Figueiroa, dietista nutricionista.