Charla divulgativa de AFAL Ferrolterra sobre autonomía e mobilizacións
A asociación Afal Ferrolterra promove xunto coa Concellaría de Igualdade e Benestar de Ares un ciclo de dúas charlas divulgativas con profesionais que traballan día a día coa enfermidade do alzheimer. Unhas sesións para axudar a entendela mellor e a adquirir un coñecemento que contribúa na mellora da calidade de vida de familias e afectados por ela.
A segunda das charlas divulgativas organizarase o xoves, 17 de outubro, poñendo o foco en cuestións directamente vencelladas coa autonomía das persoas con demencia e as mobilizacións que se poden realizar cando presentan problemas no desenvolvemento de actividades cotiáns. Unha sesión pragmática para que, a través da experiencia de profesionais da saúde, a veciñanza conte con máis ferramentas no día a día na súa relación co alzheimer.
As dúas charlas organizaranse de 16:00 h. a 18:00 horas no Salón de Actos da Alianza Aresana e requiren de inscrición previa a través dun dos tres métodos habilitados para tal uso: de xeito presencial no Departamento Municipal de Servizos Sociais, contactando vía e-mail con servizos.sociais@concellodeares.com ou por teléfono no 981 468 102.