Charla divulgativa: ‘Que sabemos de drogas?’

A educadora social en ASFEDRO Rebeca Graña Torralba, con experiencia en programas orientados á reducción dos riscos do consumo recreativo de drogas, achegarase até o salón de actos da Alianza Aresana o vindeiro venres, 28 de marzo, ás 19:00 horas.

A entrada é totalmente libre, especialmente destinada a pais e persoas que traballen con pequenos e adolescentes en centros educativos, actividades extraescolares, clubes deportivos…

Realizarase un percorrido da información xeral sobre drogas á que ten acceso a veciñanza, os procesos de comunicación e acompañamento familiar e como se pode supervisar e detectar as sinais de risco no consumo de estupefacientes.

Date

Mar 28 2025
Expired!

Time

7:00 pm - 8:00 pm