Charla de AFAL Ferrolterra sobre Demencias: Síntomas e señais de alerta

asociación Afal Ferrolterra promove xunto coa Concellaría de Igualdade e Benestar de Ares un ciclo de dúas charlas divulgativas con profesionais que traballan día a día coa enfermidade do alzheimer. Unhas sesións para axudar a entendela mellor e a adquirir un coñecemento que contribúa na mellora da calidade de vida de familias e afectados por ela.

Así, a primeira delas producirase o martes, 15 de outubro, e achegará contexto sobre as demencias, cales son os seus principais síntomas e que sinais de alerta podemos atopar nunha persoa para decatarnos do seu posible inicio. A panorámica permitirá así ter un marco xeral sobre o alzheimer.

As dúas charlas organizaranse de 16:00 h. a 18:00 horas no Salón de Actos da Alianza Aresana e requiren de inscrición previa a través dun dos tres métodos habilitados para tal uso: de xeito presencial no Departamento Municipal de Servizos Sociais, contactando vía e-mail con servizos.sociais@concellodeares.com ou por teléfono no 981 468 102. 

Date

Out 15 2024
Expired!

Time

4:00 pm - 6:00 pm