DEGUSTAres 2023
Nas xornadas do 18, 19, 25 e 26 de marzo, poderás desfrutar da gastronomía de Ares co concurso de pinchos que promove a Concellaría de Comercio. Achégate aos 11 establecementos adheridos á iniciativa gastronómica, degusta as tapas e puntúa os tres mellores pratos!
Se cubres toda a cartilla, entrarás no sorteo de 5 vales de 100 euros e unha estancia para dúas persoas, visita incluída, nas Bodegas Valdelana, en El Ciego (Álava). Aproveita, proba e #ViveAres!
LOCAIS PARTICIPANTES
- A Casa Nova.
- Bocarte.
- Hamburguesería O Lago.
- Little Turuta.
- O Bodegón.
- O Casino de Ares.
- O Gaiteiro.
- O Parrocho.
- Taberna Salazón Pedrafeita.
- Tarrafa.
- Yambú.