
Día do Libro 2025
Ao longo de todo o mércores, 23 de abril, o equipo técnico dinamizador da biblioteca entregará flores doces, feitas de gominola, aos usuarios e usuarias que pasen polas instalacións da Alianza Aresana para traballar, estudar ou levarse algún dos libros en préstamo, e así adozar o día.
Mais os máis pequenos e pequenas de Ares tamén poderán celebrar a literatura e as boas historias co obradoiro infantil ‘Letras no cristal’, unha iniciativa que encherá a biblioteca municipal de textos e nome empregando letras de silicona de varias cores para pegar nos cristais do edificio.