JASTAC JAPI JOLIDAIS

Ata que punto desfrutamos do tempo de lecer?
Vivimos como desexamos?
Pasamos once meses ao ano ansiando as vacacións?
E cando chegan… realmente desfrutámolas?
Viaxamos por pracer ou por postureo?
Cal é o prezo da turistificación?

As respostas a todas estas preguntas —e a moitas máis— están no novo espectáculo de Leti Da Taberna.

Un monólogo fiel ao seu estilo:
🎭 en galego
🌈 inclusivo
😂 con garantía de moitas risas

Con retranca e irreverencia, irás de vacacións polo mundo sen moverte do teu asento.
Prepara a túa cámara selfie e abre as redes sociais…
marchamos de viaxe con JASTAC JAPI JOLIDAIS!


📍 Alianza Aresana
📅 Venres, 26 de decembro
🕣 20:30 h
👥 Público adulto
🎟️ De balde


Concello de Ares
Rede Cultural
Concellería de Cultura

Fecha

Dec 26 2025
¡Caducado!

Hora

8:30 pm - 10:00 pm
Categoría