Presentación da novela “Ardentía 1854”, de María D. López Menéndez
A autora debullará as circunstancias arredor desta última novela publicada en Hércules de Ediciones o próximo venres, 13 de setembro, ás 20:00 horas no seu salón de actos. Estará acompañada da súa editora, Laura Rodríguez, e do xornalista e escritor Pablo J. Rañales.