Presentación da novela “Pel de Cordeiro”, con Ledicia Costas

Ledicia Costas (Vigo, 1979) chegará este vindeiro sábado, 23 de novembro, a Ares para presentar a súa última novela, Pel de Cordeiro, publicada en Xerais este mesmo 2024, nunha cita que se desenvolverá integramente no Mosteiro de Santa Catalina a partir das 18:00 horas.

A autora viguesa, unha das grandes voces narrativas da literatura galega contemporánea, estará acompañada por Rogelio Pérez Varela e o escritor Pablo J. Rañales.

Date

Nov 23 2024
Expired!

Time

6:00 pm - 8:00 pm
Category