Presentación do libro infantil ‘La tortuga Tomasa y el erizo Narciso’
Unha entrañable historia dirixida aos máis pequenos da casa e ás súas familias, que nos fala de amizade, convivencia e empatía a través de dous personaxes moi especiais.
- Data: Venres, 6 de novembro
- Hora: 19:30 h
- Lugar: Biblioteca Municipal de Ares
- Público: Infantil e familiar
- Acceso: De balde (ata completar aforo).
Agardámoste para compartir unha tarde diferente arredor dos libros e a literatura infantil!