![2024-RURAL TIC ARES-1](https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-RURAL-TIC-ARES-1.png)
RURAL TIC ARES 2024
A veciñanza e empresarios/as de Ares poderán vivir unha serie de obradoiros que supoñen unha oportunidade única para formarse gratuitamente en cuestións relacionadas coa Internet, a ciberseguridade e os bos hábitos á hora de navegar pola rede, promovendo unha maior autonomía persoal para a cidadanía e unha mellora da presenza dixital das empresas.