SENDARES 2023 – TEMPADA I: de outono a primavera – RUTA 4: DONIÑOS – PRIOR
Ruta 4: Doniños – Prior
(15 de xaneiro) – Prezo: 15 euros
- Hora de saída en bus: 08:00 horas.
- Hora de chegada: 16:30 horas.
- Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
- Información técnica: Ruta de 17 km// Desnivel + 300 m // Desnivel – 340 m.
Dificultade: MEDIA – BAIXA.
- Inscricións: ata as 14:00 horas do 8 de xaneiro na web municipal.
- Límite de 25 prazas por orde de inscrición.
O percorrido permite achegarse ata un dos extremos do Golfo Ártabro: o cabo Prior. Desfrutarase das praias de San Jorge e Esmelle e, xa en Prior, os sendeiristas atoparán restos de fortificacións e emprazamentos de baterías que protexeron a costa ao longo da súa historia.