SendAres 2025-2026: Ruta 6 · Río das Ferrerías (Valdoviño)
📅 25 de xaneiro
💶 Prezo: 20 €
⏰ Horarios
-
Hora de saída: 08:30 h
-
Hora de chegada: 15:30 h
📍 Punto de encontro
-
Praza da Igrexa de Ares
🥾 Información técnica
-
Distancia: 10 km
-
Desnivel: +300 m
-
Dificultade: Media
📝 Inscricións
-
Ata as 14:00 h do 15 de xaneiro
-
A través da web municipal
-
25 prazas dispoñibles por orde de inscrición
🌿 Descrición do roteiro
Fervenzas, zonas de fraga, bosques de ribeira e o propio Océano Atlántico protagonizan este espectacular roteiro que segue o curso do río das Ferrerías, dende a praia de Vilarrube ata as proximidades do encoro das Forcadas.
Trátase da única ruta equipada de Galicia, con tramos nos que será necesario avanzar agarrándose a pasamáns de cable ou mesmo trepar por rochas con grapas tipo vía ferrata, o que a converte nunha experiencia diferente e moi atractiva.