![](https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2024/04/CHARLA-UN-ADOLESCENTE-NA-CASA-1.jpeg)
‘Un adolescente na casa’
O Concello organizará este venres, 3 de maio, unha nova charla inscrita baixo o selo da Academia AresXSalud, un ciclo de conversas para fomentar unha maior calidade de vida a través da divulgación de bos hábitos deportivos e psicolóxicos. A próxima ponencia realizarase ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana baixo o nome ‘Un adolescente na casa’.