XII MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN
XII MERCADO VECIÑAL
Domingo, 9 de Xullo
De 09:00h a 21:00h
Poderase intercambiar, mercar ou vender: xoguetes, libros, películas, material de coleccionismo, roupa, calzado, bisutería de segunda man e outros artigos de artesanía.
NON SE PERMITIRÁ A VENDA DE NINGÚN TIPO DE ALIMENTO OU COMIDA
- Particulares en xeral
- Asociacións e sociedades domiciliadas en Ares
- Profesionais (máximo 20 postos)
Inscricións
Biblioteca Municipal (Alianzas Aresanas, Rúa María 11)
Día 26 (a partir das 10:00h.) e 27 de Xuño: persoas empadroadas en Ares
Do 29 de Xuño ata esgotar prazas: persoas non empadroadas en Ares
Pódese solicitar 1 posto por persoa