Xornada divulgativa sobre a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

A vila converterase en espazo de diálogo e intercambio de opinións de diferentes expertos e expertas na materia a través da xornada divulgativa “Violencia de xénero: perfil profesional, habilidades de intervención e autocoidado”, integramente promovida no salón de actos da Alianza Aresana.

Durante o mesmo luns, 25 de novembro, dende xa primeira hora da mañá (10:15 h.) ata o peche da tarde (18:30 h.), psicólogosasesores xurídicos ou traballadores sociais abordarán diferentes temáticas especializadas, dende procesos de intervención xurídica ou psicolóxica con vítimas de violencia de xénero a formas de aplicar o autocoidado do persoal profesional que trata día a día cunha temática tan sensible.

A asistencia ás charlas precisará de reserva previa vía telemática, cubríndose as prazas seguindo a orde de entrada das solicitudes de participación. As inscricións son totalmente de balde e só é necesario cubrir a seguinte ligazónhttps://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=fJQgsNq62kKn1rZrS7zRKsO7EdKEaLlNnn2gl-hiVrJUNFRORkJMUjBaUTQ2TUtIWERQN1pUQUQwVi4u&route=shorturl

De igual xeito, habilitáronse os seguintes números de teléfono para a resolución de dúbidas633 230 054 – 613 196 841.

Date

Nov 25 2024
Expired!

Time

10:15 am - 6:30 pm