Ares pendurará os seus mellores desexos para o 2023 na árbore de Nadal na Ponte da Ciscada

Comparte esta nota de prensa

É xa unha impronta que anuncia a proximidade do Nadal en Ares: as familias, cos máis pequenos e pequenas encabezando a actividade, achéganse ata a Ponte da Ciscada, no Parque Rosalía, para escribir os seus bos desexos de cara ao 2023 e penduralas nunha das árbores máis próximas. Esa é a proposta que a Concellaría de Cultura da localidade programa ano tras ano, e que continuará realizándose neste mes de decembro que está a piques de comezar.

Así, o luns 5 de decembro ás 17:30 horas as familias e crianzas teñen unha cita para colaborar na decoración desa particular árbore, enchéndoa de tarxetas que desexen un mellor ano. Logo de decoralo, prenderase a iluminación navideña coma un símbolo de benvida ao Nadal en Ares.

Pódeche interesar