Exposición “Anhelos. Deconstrución da masculinidade tradicional”

Comparte este evento

Lugar: Casa da Xuventude de Ares

Datas:  Do 18 de maio ao 8 de xuño

O Concello de Ares acolle esta mostra cedida polo Concello de Sober, un proxecto fotográfico de María Fernández que invita á reflexión sobre os modelos de masculinidade tradicional e a necesidade de avanzar cara relacións máis libres e igualitarias.

ANHELOS. EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE A DECONSTRUCIÓN DA MASCULINIDADE TRADICIONAL

É necesario que os homes leven a cabo unha reflexión sobre a súa identidade e sobre a súa capacidade de transformación social, que sexan conscientes de que o proceso de socialización os envía e os sitúa baixo un modelo dominante de masculinidade tradicional asentado e reforzado por un sistema patriarcal férreo. Estes mandatos non lles deixan espazo para realizarse a eles mesmos, pois indícanlle como teñen que ser e como han de actuar, cadeas inxustas que os envolven limitando a súa existencia, dificultándolle, tamén, ter relacións xustas e igualitarias coas mulleres.

Dende o Concello de Sober, queremos reflexionar sobre a necesidade de deconstrución do modelo de masculinidade dominante, e sobre a necesidade de xerar novas formas de relación coas mulleres, vínculos mais libres para ambos e afastados do que a sociedade patriarcal nos inculcou e nos vendeu como “normal”. Por elo, por medio desta exposición fotográfica, queremos executar unha autocrítica cara esta masculinidade.

Pódeche interesar...

Eventos

Voto de Chanteiro de 2026

Martes, 26 de maio 10:00 horas: Saída de autobús de Franza, pasando por A Pedreira, Academia Mugardos e Chanteiro. 10:45 horas: Saída de autobús por