Infórmase á veciñanza que, a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (prevista para o 20 de maio de 2025), estarán en exposición pública durante un mes os Mapas Estratéxicos de Ruído da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, coa clave: GA/23/041.09.1.

Durante este período, calquera persoa interesada poderá consultar os documentos e presentar as alegacións ou suxestións que considere oportunas.

👉 Pódense consultar na seguinte ligazón da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:
🔗 https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Así mesmo, os documentos estarán dispoñibles para a súa consulta nas dependencias do Concello.