Ferrolterra, Eume e Ortegal reclaman un tren do século XXI

Comparte esta nota de prensa

A edila de Mobilidade de Ares, Lucía Blanco, sumouse en representación do Concello á multitudinaria manifestación celebrada onte en Ferrol para solicitar melloras ferroviarias e un servizo de tren que remate coa discriminación de Ferrolterra, Eume e Ortega, convocada polo Foro Cidadán polo Ferrocarril.

Milleiros de persoas –máis de 10.000 asistentes segundo as fontes policiais, e preto de 30.000 persoas segundo a organización– inundaron as rúas da cidade naval en apoio á convocatoria, dende concellos a sindicatos, deputación, partidos políticos, tecido empresarial, deportivo, cultural, educativo e veciñal para denunciar a exclusión sistemática das tres comarcas do Eixo Atlántico ferroviario, cun marxinamento nos investimentos máis relevantes que satisfagan as necesidades reais de mobilidade da cidadanía.

A manifestación principiou na estación de tren, e logo percorreu o centro de Ferrol para rematar na Praza de Armas, dando lectura dun manifesto reivindicativo a prol dun tren decente, mellorando as frecuencias e horarios, modernizando a infraestrutura ferroviaria e  materializando unha rede de transporte comarcal intermodal.

 

 

 

 

Pódeche interesar