Como vén sendo habitual durante todo o ano o calendario en Ares está repleto de citas, que se incrementan notablemente nos meses de verán, e que ofrecen unha ampla variedade de alternativas para o disfrute de todos os públicos nas datas de máis calor.

Proba desta intensa actividade estival son as iniciativas programadas para esta fin de semana, tanto organizadas polo Concello como polas distintas entidades, que contan para o seu desenvolvemento co municipio aresán como escenario.

Colle a túa axenda e anotáas ben, porque son moitas!