Finaliza a mellora do alumeado público en Pezoas, Mazaído e Curmá, na contorna de Redes

Comparte esta nota de prensa

  • Instaláronse 20 novas luminarias, 10 novas e 10 renovadas na súa infraestrutura, para aumentar a calidade lumínica na zona e promover un maior aforro no consumo enerxético.
  • Implicou un investimento de preto de 30.000 euros sufragados con cargo ao POS+2024 da Deputación da Coruña.

 

A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar a finalización do proxecto de ampliación e mellora da eficiencia enerxética no alumeado público de Pezoas, Mazaído e Curmá, tres áreas que xa teñen un novo sistema de iluminación público.

A través desta actuación, o Concello implementou 10 luminarias novas e renovou outras 10 para contar así con 20 puntos de luz de tipoloxía LED e farolas de tipo vila, ademais de renovar as súas infraestruturas de cableado e cadros de mando, que presentaban un notable deterioro polo paso do tempo.

Logrouse así unha ampliación que conlevará unha redución do consumo eléctrico de máis da metade en comparación coas anteriores luminarias, puidendo adaptar o nivel lumínico ás necesidades das zonas en función do tránsito de vehículos e peóns.

Xunto a todo isto, tamén se responde a unha necesidade da veciñanza da parte alta de Caamouco nun camiño que se abriu na primeira lexislatura do actual alcalde, Julio Ignacio Iglesias Redondo, e que conecta con áreas de interese como o Club de Tenis e o núcleo urbano de Redes.

O investimento total foi de 30.072,92 euros, impostos incluídos, con cargo ao POS+2024 da Deputación da Coruña.

 

Pódeche interesar