A Xunta de Galicia vén de informar da convocatoria de folga no sector de transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña, afectando ó servizo cotián de Ares tanto regular como escolar.

A folga está convocada para hoxe mesmo, día 12, así como para as xornadas do 13, 16, 19, 20 e 23 de xaneiro, e segundo a información dispoñible até o de agora, adquirirá carácter indefinido a partir do 2 de febreiro.

Pódese consultar a relación de servizos mínimos que determina a Xunta de Galicia na seguinte ligazón: https://www.bus.gal/es/servicios-minimos-establecidos-para-la-huelga-de-transporte