FONTES, LAVADOIROS E CRUCEIROS

Ao longo de todo o municipio poden atoparse diferentes fontes, lavadoiros ou cruceiros de gran antigüidade e forte valor sentimental. As fontes poden ser simples ou con estrutura se ten elementos construtivos.

Desde o Concello, seleccionamos algunhas fontes ou lavadoiros máis sorprendentes, e tamén os cruceiros que marcan a historia galega.

No caso das fontes, destaca o manancial de Estacas, a fonte do parque de Alfolí, a fonte da Tella, a fonte da Torre ou a fonte do Mercado.

Para os lavadoiros, son de gran interese o lavadoiro do río de Redes, o do río de Rodelas, os situados no Mosteiro de Santa Catalina ou a do río da Tella.

Estes son algúns máis exemplos, pero se queda con ganas de máis, hai moitos destes elementos arquitectónicos que pode visitar. No caso dos cruceiros, Ares conta con tres: o do camiño de Chanteiro, o de Redes e o de Lubre, próximo á Igrexa de Santa Olaia.