Fran Ameixeiras chegou á Biblioteca de Ares cargado de historias para o seu contacontos

Comparte esta nota de prensa

Viaxes, aventuras e aprendizaxes foron protagonistas do contacontos que fixo onte Fran Ameixeiras na Alianza Aresana para falar do que lle aconteceu á cadela Becki!

Becki percorreu o mundo enteiro e grazas á súa experiencia viaxeira aprendeu unha boa chea de contos de amizade, solidariedade e alegría, con música e baile para os máis pequeños e pequenas.

O contacontos, organizado pola Concellaría de Cultura, inscríbese dentro do programa de dinamización lectora ‘Ler conta Moito’.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Rosalía de Castro rexorde en Ares!

Ao longo da semana pasada, o municipio mergullouse na conmemoración dunha das figuras esenciais da literatura galega coa celebración do Día de Rosalía 2026, a